O CEIP O Marbán das Somozas acollerá durante os meses de febreiro e marzo o programa gratuíto ComunicArte, unha iniciativa destinada a mellorar a comunicación, convivencia e benestar para a comunidade educativa. 

Durante o programa desenvolveranse 3 sesións co alumnado de 6º de EI, 1º e 2º de Educación Primaria do centro, así como tamén 4 sesións coas familias (especialmente destinadas a aquelas con fillas ou fillos que estén participando neste programa).

As sesión para a rapazada realizaranse o 10 e 24 de febreiro e o 3 de marzo, en horario de 10:00 a 10:50 h. 

Nas sesións cos nenos e nenas os obxectivos son:

  • Prevención da violencia dende a educación emocional temprana.Comprender como funcionan as emocións.
  • Adquirir ferramentas para establecer límites saludables na interacción
  • Recoñecer as emocións e saber nomealas, comprender de onde veñen e aceptalas.
  • Fomentar a confianza e autoestima.

ComunicArte Familias

No programa destinado a familias as persoas asistentes poderán aprender e perfeccionar técnicas e estratexias para a comunicación respectuosa, xestión emocional, negociación ou resolución de conflitos.

Estas sesións familiares realizaranse o 10 e 24 de febreiro e o 3 e 10 de marzo, en horario de 15:45 a 17:15 h. As xornadas estarán impartidas por Vanessa Fernández Moreira e Verónica Fernández López e as familias interesadas poden inscribirse directamente no CEIP O Marbán ou no departamento de Servizos Sociais a través do 981 404 101 (ext 2).

Os obxectivos a tratar serán:

  • Promover a sensibilización sobre formas de violencia no física.
  • Mellorar as competencias parentais en comunicación e regulación emocional,
  • Reducir riscos asociados a conflictos familiares persistentes.
  • Crear entornos de bo trato que reduzan a probabilidade de transmisión interxeneracional da Violencia.

Actividade realizada cos Fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Conta coa colaboración do Concello das Somozas, CEIP o Marbán e ANPA.