O venres, 6 de febreiro, o Centro Cívico Sociocultural das Somozas acollerá a partir das 20:00 horas a función ‘The Show Moscón’.
O circo de monicreques ambulantes fará unha parada no Concello das Somozas para amosarlle ao público os diferentes números artísticos que agocha no interior do seu armario. A idea, que nace como homenaxe ás diferentes escolas e técnicas de manipulación empregadas no teatro e na televisión, inclúe unha ampla gama de actuacións musicais, trucos de maxia, equilibrismos e moitas máis sorpresas.
O espectáculo é recomendado para todo tipo de públicos e está enmarcado no programa Dinamiz-ARTj, que conta co apoio do Instituto para la Transición Justa (ITJ) e a Fundación Ciudad de la Energía (CUIDEN).