A Axencia de Lectura Municipal organiza unha ‘Cita a cegas’ coa lectura ata o vindeiro martes, 17 de febreiro, para celebrar este San Valentín.

A biblioteca do Centro Cívico acolle a iniciativa ‘Cita a ciegas, namórate da lectura’, un préstamo de libros para públicos de todas as idades na que os lectores escollerán a obra sen coñecer o seu título. Farano unicamente a través dunhas tarxetas con pistas colocadas nos seus decorados envoltorios.

Estas contarán coa idade, lingua e sinopse do libro. Haberá exemplares para todos os públicos: infantil, xuvenil e adultos, en castelán e galego.

Máis información no enderezo electrónico [email protected] ou o teléfono 881 04 84 66.