window.dataLayer = window.dataLayer || []; function gtag(){dataLayer.push(arguments);} gtag('js', new Date()); gtag('config', 'G-QV6066SZ4R');

Noticias

As Somozas ofrece un vehículo para servizos sociais

2024-05-14T17:46:30+02:00Noticias|

O Concello das Somozas vén de adxudicar un vehículo para servizos sociais, que poderá ser empregado polo persoal auxiliar de axuda no fogar e polo resto do persoal técnico do SAF. Este transporte, que está subvencionado pola Deputación da Coruña ao abeiro do programa FOIC 2023,  ten unha capacidade para cinco persoas ocupantes. Así, o [...]

Obras da senda peonil de Abeledo e proximamente na A Toca

2024-05-14T17:56:55+02:00Noticias|

As tarefas de construción da senda peonil de Abeledo, ao seu paso pola estrada AC-110, avanzan a bo ritmo. Paralelamente, as obras da senda peonil na estrada AC-861 da Toca darán comezo nas vindeiras datas. Unión entre a senda da Toca e Pena de Eiriz A construción da nova senda peonil da Toca, que terá [...]

As Somozas ofrece, un verán máis, servizo de cantina na piscina

2024-05-14T17:48:51+02:00Noticias|

O Concello das Somozas abriu o proceso de licitación para a adxudicación do servizo do bar da piscina descuberta municipal que abrirá as súas portas na temporada estival. Este servizo de cantina, anexo ao recinto, estará a disposición das persoas usuarias das instalacións, no mesmo horario que a piscina. O prazo para presentar ofertas para [...]

Luísa Villalta e o violino do vento

2024-05-13T17:05:45+02:00Noticias|

Onte, luns 13 de maio, comezou a semana da mellor forma, albergando no Centro Cívico das Somozas o espectáculo infantil 'Luísa Villalta e o violino', de Carmen Domech e Olga Abad. A función consistiu nunha viaxe no tempo ata atoparse con todas as autoras homenaxeadas no Día das Letras Galegas dende 1963 ata a actualidade, [...]

Gran acollida da actuación de Marta Ortiz: ‘Casa, casiña, casona’

2024-05-13T11:38:59+02:00Noticias|

O pasado martes, 7 de maio, no marco da programación de Letras na Primaveira, a Axencia de lectura das Somozas foi testemuña da gran acollida da actuación de Marta Ortiz: 'Casa, casiña, casona', actividade incluída na programación do Centro Cívico das Somozas. No espectáculo contou como son as casas onde viven a lúa, a raposa, [...]

PROGRAMACIÓN DO CENTRO CÍVICO DO 13 AO 17 DE MAIO

2024-05-10T17:07:41+02:00Noticias|

LUNS 13 DE MAIO 10:00 A 13:00/15:00 A 20:00 ABERTO CON SERVIZO DE BIBLIOTECA 10:00 - 11:30 LETRAS NA PRIMAVEIRA: LUÍSA VILLALTA E O VIOLINO DO VENTO Espectáculo infantil de narración oral para nenos e nenas a partir de 4 anos.   11:30 – 13:00 TALLER DE ESTIRAMENTOS Dirixido a adultos.   17:00 – 18:30 [...]

Taller educación emocional: técnicas de relaxación

2024-05-07T17:50:33+02:00Noticias|

A Escola Galega de Saúde Para Cidadáns vai impartir un obradoiro no Concello das Somozas: Educación emocional e técnicas de relaxación, dirixido á veciñanza adulta, en xeral. Este obradoiro ten como obxectivo aprender unha serie de ferramentas que axudan á regulación emocional mediante exercicios prácticos que permiten reducir á intensidade de emocións negativas como o medo, [...]

Proceso de selección para praza de peón do APROL RURAL da Xunta

2024-05-09T13:38:53+02:00Noticias|

Relación de aspirantes admitidos no proceso de selección para a contratación de persoal laboral temporal, respecto da praza de peón do programa APROL RURAL da Xunta de Galicia. Podes consultar o documento completo aquí. Podes consultar o acta de tribunal de selección aquí.

Proceso de selección para praza de peón do PEL da Deputación

2024-05-09T13:39:25+02:00Noticias|

Relación de aspirantes admitidos no proceso de selección para a contratación de persoal laboral temporal, respecto da praza de peón do programa PEL da Deputación da Coruña. Podes consultar o documento completo aquí. Podes consultar o acta de tribunal de selección aquí.

Ir a Arriba