Escola Galega de Saúde Para Cidadáns vai impartir un obradoiro no Concello das Somozas: Educación emocional e técnicas de relaxación, dirixido á veciñanza adulta, en xeral.

Este obradoiro ten como obxectivo aprender unha serie de ferramentas que axudan á regulación emocional mediante exercicios prácticos que permiten reducir á intensidade de emocións negativas como o medo, a rabia ou a ansiedade.

A actividade levarase a cabo o vindeiro luns, 20 de maio, no salón de plenos do Concello, ás 16:00 horas. Hai 40 prazas máximas dispoñibles.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse chamando ao 881 042 066 ou de forma online na seguinte ligazón.