O Concello das Somozas abriu o proceso de licitación para a adxudicación do servizo do bar da piscina descuberta municipal que abrirá as súas portas na temporada estival.
Este servizo de cantina, anexo ao recinto, estará a disposición das persoas usuarias das instalacións, no mesmo horario que a piscina.
O prazo para presentar ofertas para esta licitación estará aberto ata o vindeiro 21 de maio, inclusive.