O pasado martes, 7 de maio, no marco da programación de Letras na Primaveira, a Axencia de lectura das Somozas foi testemuña da gran acollida da actuación de Marta Ortiz: ‘Casa, casiña, casona’, actividade incluída na programación do Centro Cívico das Somozas.
No espectáculo contou como son as casas onde viven a lúa, a raposa, os grilos, as rás, os ratiños, as cabuxas, as vacas, os paxaros e as cantarinas moscas.
Os máis pequenos acompañaron a actuación cantando e danzando nunha mañá moi especial.