O Concello das Somozas acaba de finalizar a construción do parque infantil do CEIP O Marbán, unha intervención que contou cun investimento de 29.774 euros.

Así, a rapazada xa pode dispoñer dun novo espazo cun recinto de 100 metros cadrados con diversos elementos de xogo e un pavimento de caucho para protexer aos escolares fronte a posibles caídas.

Entre o mobiliario instalado están: dous xogos de resorte individuais; unha torre con tellado con dous tobogáns e diversos elementos de pasatempos; unha estrutura con forma de casa; dúas papeleiras; dous bancos; e, finalmente, un panel informativo de metacrilato.

O alcalde, Juan Alonso Tembrás, lembrou que se trata dunhas instalacións “das que non se dispoñía ata o momento e que permitirán incrementar as prestacións do colexio e ofrecer maiores alternativas de ocio e aprendizaxe a todas as nenas e nenos escolarizados nas Somozas”.