O alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembrás, invita aos veciños e veciñas do municipio a participar o vindeiro sábado, día 3 de setembro, ás 12.00 horas no acto de inauguración do Centro Cívico Socio-Cultural.

Esta invitación tamén foi enviada de xeito individual a cada un dos fogares, co obxectivo de facer partícipe á veciñanza deste momento.

Por outra banda, con motivo do devandito evento, a partir das 17.00 horas, realizaranse as seguintes actividades:

Gala musical, coa actuación do grupo de gaitas Tafornelos, o grupo de pandereiteiras Tocadeiras, a Escola de Música das Somozas, Le Suite Band, versionando cancións dos anos 80, e Rcok School Center.

Ademais, haberá exhibicións de drons e coches teledirixidos levadas a cabo por pilotos profesionais xunto coa participación do público.