Xa está aberto prazo para solicitar as axudas a familias para a adquisición de material escolar que dispón o Concello das Somozas de cara o vindeiro curso escolar.

A convocatoria permanecerá activa desde o 9 ao 28 de setembro e poderán acollerse a ela todos aqueles alumnos e alumnas matriculados en Educación Infantil e Primaria, ESI, FP Básica, Bacharelato e Ciclos Formativos.

O trámite poderase realizar a través do Rexistro do Concello ou a través da Sede Electrónica (https://bit.ly/3BVlVyT), onde están dispoñibles os anexos e a listaxe da documentación necesaria. O día 9 de setembro realizouse unha modificación para corrixir un erro nas bases.

Para a xustificación das axudas concedidas admitiranse facturas con data a partir do 1 de xullo do 2021. As bases desta convocatoria aparecen publicadas no Boletín Oficial da Provincia do mércores 8 de setembro.

BASES AXUDAS 2021