window.dataLayer = window.dataLayer || []; function gtag(){dataLayer.push(arguments);} gtag('js', new Date()); gtag('config', 'G-QV6066SZ4R');

Noticias

As Somozas fomenta a inserción laboral de persoas desempregadas a través do Programa de Garantía Xuvenil da Xunta

2025-12-11T13:01:25+01:00Noticias|

O alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembrás, acompañado por membros do goberno local, recibiron hoxe á delegada territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros. Na visita desta mañá coñeceron a unha das traballadoras contratada polo Concello das Somozas para desenvolver tarefas agrícolas e de mantemento de espazos verdes. A Xunta apoia este ano [...]

Mellora de acceso en A Serra e outros

2025-12-10T11:48:04+01:00Noticias|

O obxectivo principal da execución destas obras é a mellora da rede viaria existente no medio rural, facilitando así a accesibilidade e vertebración do territorio e contribuíndo ao aumento da competitividade agraria e forestal, xa que facilitan o tránsito de maquinaria ás explotacións agrarias, o que redunda nunha maior axilidade das operacións agrarias e nunha [...]

Acendido das luces de Nadal no Coto das Somozas

2025-12-02T17:07:12+01:00Noticias|

A veciñanza do Coto das Somozas, en colaboración co Concello, celebrará o acendido das luces de Nadal este sábado, 6 de decembro. A xornada abrirá o marabilloso poboado de Nadal creado polos veciños e polas veciñas do lugar para espertar a ilusión nestas datas e poñer cor a este lugar da nosa vila. Achégate ao [...]

Actividades de Nadal no Centro de Ocio

2025-12-01T12:47:43+01:00Noticias|

O Centro de Ocio das Somozas acollerá do 22 de decembro ao 5 de xaneiro actividades de Nadal. Haberá dúas quendas: 22,23,26,29,30, 31 de decembro e 2, 5 de xaneiro. As actividades levaranse a cabo en horario de 9:30 a 13:30 h. A rapazada poderá gozar de obradoiros, xogos de nadal, festas e moito máis. [...]

As Somozas celebrará o 5 de decembro o seu segundo pleno infantil

2025-11-28T13:09:19+01:00Noticias|

O Concello das Somozas programa para as 13:00 horas do vindeiro 5 de decembro, unha sesión de pleno infantil. Este será o segundo ano no que os nenos e nenas do CEIP O Marbán serán os responsables de configurar os seus propios grupos políticos e elaborar as propostas que logo levarán ao pleno. Con esta [...]

Resolución provisional da concesión/denegación de axudas a familias para material escolar e gastos de desprazamentos para o curso 2025/2026 

2025-11-28T12:32:31+01:00Noticias|

Xa podes consultar a resolución provisional da concesión/denegación de axudas a familias para material escolar e gastos de desprazamentos para o curso 2025/2026. Consulta aquí a documentación: https://assomozas.sedelectronica.gal/preview-document/25d76261-8b0f-4676-ac6b-56d0f4b03c0b/ As familias poden xa empezar a entregar a documentación para a xustificación.

 O Concello das Somozas súmase á declaración institucional da FEGAMP polo 25N

2025-11-25T14:26:23+01:00Noticias|

 O Concello das Somozas súmase á declaración institucional da FEGAMP polo 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Hoxe, 25 de novembro, alzamos a voz para condenar todo tipo de violencia de xénero e dar apoio ás vítimas. Aquí podedes ler o manifesto en memoria das tres irmás activistas da República Dominicana, [...]

O documento do mes de novembro do arquivo municipal

2025-11-20T16:25:41+01:00Noticias|

O proxecto 'Un documento do mes do arquivo municipal' adica este mes de novembro á emigración. Na vitrina da planta baixa da casa Consistorial estarán expostas as autorizacións para emigrar e os rexistros das persoas emigradas nos padróns municipais. Ademais, hai recollida unha selección de literatura e ensaio para todos os públicos sobre esta temática, [...]

Acta de constitución do tribunal para selección de persoal laboral temporal para peón agrícola

2025-11-20T15:30:45+01:00Noticias|

Nas Somozas, a 20 de novembro de 2025, reúnense na sala de xuntas do concello os membros do tribunal cualificador designados pola alcaldía, que se constituen para a creación dunha bolsa de contratación para o posto de operario de servizos (Progama Sistema Nacional de Garantía Xuvenil). Consulta a acta nesta ligazón

Mellora do acondicionamento acústico do salón de actos do Centro Cívico Sociocultural

2025-11-18T11:08:21+01:00Noticias|

Recentemente realizouse a mellora do acondicionamento acústico do salón de actos do Centro Cívico Sociocultural, a través da convocatoria de axudas da Xunta de Galicia para o equipamento e mellora de instalacións e locais empregados para a realización de actividades culturais da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. O alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembrás, [...]

Ir a Arriba