O obxectivo principal da execución destas obras é a mellora da rede viaria existente no medio rural, facilitando así a accesibilidade e vertebración do territorio e contribuíndo ao aumento da competitividade agraria e forestal, xa que facilitan o tránsito de maquinaria ás explotacións agrarias, o que redunda nunha maior axilidade das operacións agrarias e nunha redución de custos e dos tempos necesarios para poñer os produtos no mercado.
As actuacións, que teñen un investimento de máis de 65.000 euros, están subvencionadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) dentro do Plan Camiña Rural 2025/2026.
A obra contempla a mellora de acceso en A Serra, a mellora pista de Fontelo a Xibarido, así como tamén a mellora acceso de Leiras a Cabana de Arriba.
