O proxecto ‘Un documento do mes do arquivo municipal’ adica este mes de novembro á emigración.
Na vitrina da planta baixa da casa Consistorial estarán expostas as autorizacións para emigrar e os rexistros das persoas emigradas nos padróns municipais. Ademais, hai recollida unha selección de literatura e ensaio para todos os públicos sobre esta temática, sobre ciencia e sobre a violencia de xénero. Lembra que esta é a última semana que poderás visitar a exposición ‘Nós tamén fomos migrantes’ na sala do concello.
O proxecto ‘O documento do mes do arquivo municipal’ busca dar a coñecer os textos valiosos e curiosos do fondo do arquivo municipal e achegar a historia do concello a toda a veciñanza.