O Concello das Somozas programa para as 13:00 horas do vindeiro 5 de decembro, unha sesión de pleno infantil.
Este será o segundo ano no que os nenos e nenas do CEIP O Marbán serán os responsables de configurar os seus propios grupos políticos e elaborar as propostas que logo levarán ao pleno.
Con esta actividade búscase que os máis novos poidan coñecer máis de preto o funcionamento da administración.