window.dataLayer = window.dataLayer || []; function gtag(){dataLayer.push(arguments);} gtag('js', new Date()); gtag('config', 'G-QV6066SZ4R');

artabracom

Acerca de Ártabra Comunica

Este autor no presenta ningún detalle.
Hasta ahora Ártabra Comunica ha creado 988 entradas de blog.

Cesión temporal de espazos no viveiro municipal de empresas

2026-04-22T12:35:48+02:00Noticias|

Fai medrar o teu proxecto no Viveiro de Empresas das Somozas. O Concello das Somozas ten aberto o prazo para a cesión temporal de espazos no seu viveiro municipal de empresas. Este viveiro atópase ubicado estratexicamente no polígono industrial das Somozas. O obxectivo desta iniciativa é contribuír á creación e funcionamento de iniciativas económicas que [...]

Prazas de peón proceso contratación PEL Deputación da Coruña

2026-04-21T13:50:33+02:00Noticias|

Expirado o prazo de presentación de solicitudes de admisión en proceso de selección para a contratación de persoal laboral temporal, respecto das prazas de peón do programa PEL da Deputación da Coruña. Examinada a documentación que a acompaña e de conformidade co establecido nas bases para a contratación temporal de tres peóns durante 6 meses [...]

As Somozas acolle o venres unha xornada informativa do CIM Móbil

2026-04-15T17:52:04+02:00Noticias|

Este venres 17 de abril, a praza do Concello de As Somozas contará coa presenza do CIM Móbil, un servizo especializado da Xunta de Galicia que busca achegar recursos de igualdade e apoio técnico a tódalas veciñas. A unidade estará instalada e operativa a partir das 10:00 horas da mañá. Que é o CIM Móbil? O [...]

Festa 40 aniversario do CEIP O Marbán

2026-04-07T17:35:50+02:00Noticias|

O sábado, 18 de abril, o CEIP O Marbán celebra os seus 40 anos de historia. Ao longo destas catro décadas, centos de alumnos e alumnas, mestres e mestras, familias e veciños formaron parte da vida do colexio. Por iso, esta festa é unha oportunidade única de reecontro, así como de lembrar e celebrar todo [...]

Obra de teatro “Caballaro Campelo, Humor Ochentero”

2026-03-30T13:18:16+02:00Noticias|

O venres 24 de abril o Centro Cívico Sociocultural das Somozas acollerá a obra de teatro "Caballaro Campelo, Humor Ochentero", un espectáculo que combina nostalxia, enxeño e humor. Na trastienda dun bar de barrio, Paquito Caballero e Andrés Campelo, dous camareiros fartos de bandexas e clientes gruñones, deciden seguir os pasos dos seus ídolos —Martes [...]

Programación cultural de abril e maio

2026-03-27T12:17:06+01:00Noticias|

O Concello das Somozas xa conta coa programación para os meses de abril e maio. 12 abril | II Feira Multisectorial Agrícola Tras a gran acollida da pasada edición, a praza do Concello das Somozas acollerá o vindeiro 12 de abril a II Feira Multisectorial Agrícola, Alimentación e Artesanía, organizada polo Concello. Un evento que [...]

O Concello das Somozas mellora o equipamento técnico e deportivo do pavillón municipal

2026-03-26T14:19:29+01:00Noticias|

O Concello das Somozas continúa fomentando e apostando pola saúde e o deporte, desta vez a través da mellora do equipamento técnico e deportivo do pavillón municipal do municipio. O Concello, a través dun investimento de fondos propios de preto de 15.000 euros, adquiriu e instalou novas máquinas e material no recinto, co obxectivo de [...]

II FEIRA MULTISECTORIAL AGRÍCOLA O 12 DE ABRIL

2026-03-26T14:15:07+01:00Noticias|

Tras a gran acollida da pasada edición, a praza do Concello das Somozas acollerá o vindeiro 12 de abril a II Feira Multisectorial Agrícola, Alimentación e Artesanía, organizada polo Concello. Un evento que naceu o ano pasado co obxectivo da dinamizar a actividade económica e social da zona, dando protagonismo aos sectores agrícola, alimentario, artesanal [...]

PRESENTACIÓN DO LIBRO ‘MARZO’ DE TANIA SABÍN

2026-03-25T11:48:53+01:00Noticias|

Este venres, 27 de marzo, a Axencia de Lectura das Somozas acollerá a presentación da novela Marzo, da autora Tania Sabín, unha obra que vén de ser protagonista no club de lectura en castelán das Somozas e que agora se achega ao público nun encontro aberto e participativo. A novela preséntanos a Sofía, unha muller [...]

Actividades de Semana Santa no Centro de Ocio Infantil

2026-03-18T13:48:41+01:00Noticias|

O Centro de Ocio Infantil das Somozas volverá converterse, un ano máis, nun espazo de encontro e diversión durante a Semana Santa. Do 30 de marzo ao 6 de abril organizaranse distintas actividades destinadas á rapazada nos días non lectivos. As xornadas desenvolveranse en horario de 9:30 a 13:30 horas, permitindo ás nenas e nenos [...]

Ir a Arriba