O Concello das Somozas xa conta coa programación para os meses de abril e maio.

12 abril | II Feira Multisectorial Agrícola

Tras a gran acollida da pasada edición, a praza do Concello das Somozas acollerá o vindeiro 12 de abril a II Feira Multisectorial Agrícola, Alimentación e Artesanía, organizada polo Concello. Un evento que naceu o ano pasado co obxectivo da dinamizar a actividade económica e social da zona, dando protagonismo aos sectores agrícola, alimentario, artesanal e de produtos de proximidade.

A cita celebrarase en horario de 10:00 a 19:00 horas e as persoas que acudan poderán visitar unha gran variedade de postos de alimentación e plantación, exposición de maquinaria agrícola, así como artesanía e produtos da terra e de proximidade.

O evento contará con carpa con pulpeira e churrasco e tamén levaranse a cabo durante todo o día sorteos de produtos aportados polos expositores e participantes na feira. Ademais, a partir das 14:00 haberá sesión vermú e degustación de Chanfaina da Chaiña.

Como novidades, a feira contará con firma de libros de autores da comarca e a rapazada poderá desfrutar de varios obradoiros infantís. Paralelamente levaranse a cabo obradoiros infantís en horario de 12:00 a 14:00, de 16:00 a 17:00 e contacontosVillanueva, Isabel Ramos, Sabela Cagiao, María Pilar Hermosa, Tania Sabín e Juan José Ladra. Pola tarde, de 17:00 a 18:00 firmarán as autoras de público infantil, Cristina Arias e Laura de Cibreiro. Paralelamente levaranse a cabo obradoiros infantís en horario de 12:00 a 14:00, de 16:00 a 17:00 e contacontos de 17:00 a 18:00 horas. 

24 abril | Teatro “Caballero Campelo, Humor Ochentero”

O venres 24 de abril o Centro Cívico Sociocultural das Somozas acollerá a obra de teatro “Caballaro Campelo, Humor Ochentero”, un espectáculo que combina nostalxia, enxeño e humor.

Na trastienda dun bar de barrio, Paquito Caballero e Andrés Campelo, dous camareiros fartos de bandexas e clientes gruñones, deciden seguir os pasos dos seus ídolos —Martes e Trece, Faemino e Canso, Tip e Coll—, recreando os seus míticos sketchs cun xiro moderno e textos propios. Un espectáculo de chiscadelas aos clásicos do humor e un toque fresco e actual.

A función dará comezo ás 20:00 horas con entrada libre ata completar aforo.

Actividade do programa Dinamiz-ARTj, que conta co apoio do Instituto para la Transición Justa (ITJ) e a Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN).

8 maio | Presentación do Plan Director para o Museo Etnográfico do Seixidal

O Museo etnográfico do Seixidal das Somozas, a través da empresa Trivium encargada do proxecto, presentará o 8 de maio, ás 19:30 h, o Plan Director para a súa inclusión no Sistema Galego de Centros Museísticos (SGCM). Deste xeito, estase a preparar todas as accións necesarias para a proposta, entre elas un inventario detallado e unha catalogación de todas as pezas do museo.

O complexo está formado por varios edificios e na casa principal están expostas ferramentas e obxectos doados pola veciñanza para recrear as labores agrícolas e gandeiras que ao longo dos anos se levaron a cabo nas Somozas, moito antes de que se iniciase a súa industrialización.

Os aparellos, mobles e útiles teñen indicacións sobre o seu uso y tamén o nome da persoa, familia ou entidade responsable da súa doazón.

O obxectivo de este museo etnográfico é didáctico, de modo que mostra como se vivía nas aldeas y con que se levaban a cabo as labores do campo. Tamén se realizan visitas concertadas para os colexios ou asociacións que así o soliciten.

 

Maio | Andaina Popular

No mes de maio tamén haberá unha andaina popular, organizada por Sava Servizos Deportivos SL. 

Nos vindeiros días concretarase a data e hora do evento.