O sábado, 18 de abril, o CEIP O Marbán celebra os seus 40 anos de historia.
Ao longo destas catro décadas, centos de alumnos e alumnas, mestres e mestras, familias e veciños formaron parte da vida do colexio. Por iso, esta festa é unha oportunidade única de reecontro, así como de lembrar e celebrar todo o vivido.
A festa terá lugar o sábado, 18 de abril, na praza do Concello de As Somozas. A programación contará con:
13:00 Sesión vermú con música en directo
14:00 Comida
16:00 Música DJ e xogos infantís
18:00 Sorteo
As persoas interesadas deberán realizar a súa inscrición para a comida antes do 16 de abril premendo aquí. O menú adulto terá un custo de 30 euros, o menú infantil (4-12 anos) de 18 euros e o menú infantil ANPA de 14 euros. A rapazada de 0 -3 anos será de balde.
Desde a organización animan a toda a comunidade educativa, exalumnos/as, profesorado, familias e veciñanza a participar nesta comida tan especial, na que compartiremos mesa, lembranzas e moitos momentos únicos.
Ademais, preparararase un muro de recordos do 40 aniversaio, polo que as persoas que o desexen poderán enviar fotografías antigas do centro, preferiblemente de grupo, ao enderezo electronico [email protected]
Esta celebración, organizada polo centro, conta coa colaboración do Concello, do ANPA e de diversas empresas da contorna.