Historia

Conta a historia que no Catastro da época do Marqués da Ensenada xa aparecía As Somozas, como lugar de “jurisdicción y señorío”, pertencente á Condesa de Lemos, inda que ó parecer tanto o Conde de Maceda como o Marqués de San Sadurniño, tiñan tamén algúns terreos na zona. Ata o 1895 o municipio estaba composto por tan só duas parroquias; Somozas e Recemel,, pero a partir deste ano dividiuse noutras duas; Seixas e As Enchousas.

A orixe do nome de Somozas provén dun nobre francés, SumaÇas, cuxas tropas venceron en Melide aos mouros, que recollían o tributo das cen doncelas, e que motivou que os Reis de España lle otorgarán estas terras, ás que bautizou co seu nome e que dexenerou posteriormente en Somozas. Ó parecer, esas cen doncelas, que os moros levaban para África, eran recollidas polos lugares do municipio e permanecían na Casa Grande de As Enchousas, que índa se conserva, ata que eran embarcadas no porto hacia o seu destino africano.

Unha vez emprendido o camiño hacia o novo continente, os paisanos do lugar subían ó monte máis alto do municipio, dende o que se contempla o mar, e exclamaban chorando “polo mar van, polo mar van” que tamén dexenerou para dar nome a esa altitude, o lugar de Marbán.

 

Turismo en As Somozas

As Somozas dispón de lugares cheos de historia e de vida para que os seus visitantes disfruten da calma que nos otorgan os nosos antepasados. A natureza rebosa por todos aqueles lugares que se visiten, e en As Somozas, podrá disfrutar dos mellores lugares para comer e descansar.