window.dataLayer = window.dataLayer || []; function gtag(){dataLayer.push(arguments);} gtag('js', new Date()); gtag('config', 'G-QV6066SZ4R');

Noticias

Comezo das obras de construción da senda peonil que une A Garita con Agraxoiba

2025-03-18T13:04:09+01:00Noticias|

O Concello das Somozas deu comezo as obras de construción da senda peonil que unirá A Garita con Agraxoiba. Esta intervención, subvencionada pola Deputación da Coruña, conta cun investimento de 77.000 euros no proxecto de construción dunha senda peonil na estrada AC-110, en Agraxoiba. A finalidade da execución destas obras é a mellora e conservación [...]

‘A pousada da pantasma coxa’ da Asociación Cultural Faiscas

2025-03-18T10:51:46+01:00Noticias|

O Centro Cívico das Somozas acolle o vindeiro  21 de marzo, partir das 20:00 horas, a obra de teatro "A Pousada da Pantasma Coxa", unha comedia da Asociación Cultural Faiscas. O espectaculo está dirixido a maiores de 12 anos.  Mariquiña e Teresiña, dúas camareiras de piso, son as protagonistas desta divertida historia. Ambas traballan nun [...]

Acta de constitución do tribunal para a selección de tres prazas de peón

2025-03-17T15:29:28+01:00Noticias|

Acta de constitución do tribunal para a selección de tres persoas para a súa contratación laboral temporal como peóns para o Servizo do programa PEL da Deputacion para a realización de tarefas de limpieza viaria segundo as bases aprobadas no decreto no 2025-0072 o día 28/02/2025 Consulta a acta aquí.

Taller de habilidades cognitivas-obradoiro de memoria

2025-03-14T16:49:30+01:00Noticias|

As Somozas acollerá un novo taller de habilidades cognitivas e obradoiro de memoria. Unha actividade organizada polo Concello das Somozas, cofinanciada pola Deputación da Coruña, e que terá lugar do luns, 24 de marzo, ao mércores, 28 de maio. Esta iniciativa, dirixida a persoas de 65 ou máis anos, realizarase todos os luns e mércores, [...]

Gran acollida da festa de Entroido das Somozas

2025-03-12T11:36:25+01:00Noticias|

As Somozas volveu celebrar por todo o alto a gran festa de Entroido no pavillón municipal. A xornada, que tivo lugar o 28 de febreiro, contou con concursos de disfraces e de doces típicos, inchables e actuación de Paco Nogueiras co seu show ‘Brinca Vai!, de aquí a acolá’. A programación deu comezo coa degustación [...]

Relación de persoas admitidas no proceso de selección

2025-03-12T12:36:09+01:00Noticias|

Publicadas a relación de persoas admitidas no proceso de selección para a contratación de persoal laboral temporal, respecto da praza de peón do programa PEL da Deputación da Coruña. Consulta a listaxe completa de aspirantes admitidos aquí.

Entrega dos composteiros domésticos

2025-03-11T11:59:47+01:00Noticias|

O Concello das Somozas súmase ao Programa de Compostaxe Doméstico impulsado por Sogama e repartirá ata 50 composteiros entre a súa veciñanza. A entrega dos composteiros e do material para a elaboración do compost desde as vivendas unifamiliares terá lugar este xoves, 13 de marzo, ás 17:30 horas, no Salón de Actos do Concello.  O [...]

As Somozas conmemora o 8M

2025-03-07T17:03:01+01:00Noticias|

O Concello das Somozas conmemora o #8M a través dunha serie de actividades e actos en torno ao Día Internacional da Muller. Así, a Axencia de Lectura do Centro Cívico Sociocultural ten exposta unha mostra bibliográfica con temática feminina e torno á figura da muller. Tamén, o pasado mes de febreiro tivo lugar o curso [...]

Actividades Axencia de Lectura e do Arquivo

2025-03-07T12:33:57+01:00Noticias|

A Axencia de Lectura das Somozas, dentro do ODS 3 Coidado da Saúde, anímate a coidar da túa alimentación a través do libro Mi dieta ya no cojea, de Aitor Sánchez. Aitor Sánchez é un nutricionista que divulga os seus coñecementos en charlas TED, nas redes sociais ou no seu blog. Por iso, convidámosvos a [...]

Ir a Arriba