As Somozas acollerá no mes de abril un Obradoiro de Muller e Saúde. 

Esta formación terá lugar o martes, 1 de abril, en horario de 16:00 a 20:00 h, no salón de Plenos do Concello. Esta actividade vai dirixida para toda a veciñanza que desexe acudir. 

Os obxectivos deste taller son mellorar a información e comprensión dos cambios evolutivos na muller, así como previr enfermidades propias do colectivo feminino.

O programa consta de varias temáticas:
• Menopausa e osteoporose
• Prevención xinecolóxica
• Factores de risco
• Fisiopatoloxía
• Alimentación e Exercicio

O programa está impartido pola profesora Paula Sánchez Flores, matrona da Área Sanitaria da Coruña, e a programadora é Belén Fiuza Barreiro.

Inscricións está abertas e poderán realizarse nesta ligazón.

Actividade so Servizo Galego de Saúde, Axencia Galega de Coñecemento en Saúde e Escola Galega de Saúde para Cidadáns.

Esta actividade non se considera formación continua para o persoal do Servizo Galego de Saúde.