O Concello das Somozas conmemora o #8M a través dunha serie de actividades e actos en torno ao Día Internacional da Muller.

Así, a Axencia de Lectura do Centro Cívico Sociocultural ten exposta unha mostra bibliográfica con temática feminina e torno á figura da muller.

Tamén, o pasado mes de febreiro tivo lugar o curso gratuíto de autodefensa persoal feminina, actividade organizada polos Servizos Sociais de Atención Primaria en colaboración coa Xunta de Galicia, FEGAMP e a rede de entidades locais contra a violencia de xénero. 

O vindeiro xoves, 13 de marzo, terá lugar a presentación da Maleta Viaxeira contra a Violencia de Xénero MAVI, un proxecto de préstamo de libros itinerante, promovido pola Subdelegación e que nace coa intención de achegar os libros pola Igualdade e Contra a Violencia de Xénero a toda a sociedade, especialmente ás mulleres. Esta iniciativa estará durante tres meses no Concello das Somozas, do 13 de marzo ao 13 de xuño, e ten como obxectivo fomentar a igualdade e concienciar sobre a necesidade de seguir avanzando na loita contra a violencia machista. A maleta será entregada pola Subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e acudirá tamén a responsable da Unidade contra a violencia sobre a muller da subdelegación, Manuela Vilaboy.

Neste sentido son 5 os obxectivos desta campaña: achegar á veciñanza a lectura sobre temas de feminismo, violencia sobre a muller, empoderamento ou autoestima, novela etc.; favorecer o pensamento crítico ante os roles e estereotipos de xénero; favorecer  a lectura  como ferramenta para a igualdade; sensibilizar en materia de violencia de xénero; e favorecer a lectura de textos escritos por mulleres, de forma que a sociedade teña referentes femininos no ámbito da cultura.

Para o martes, 1 de abril, está programado o Obradoiro “Muller e saúde” que ten como obxectivo mellorar a información e comprensión dos cambios evolutivos na muller e previr enfermidades propias do colectivo feminino. Durante a xornada falarase de menopausia e osteoporose, prevención xinecolóxica, factores de risco, fisiopatoloxía, alimentación e exercicio. Tamén, no marco da programación do 8M, realizaranse obradoiros relacionados coa temática dos coidados e do benestar das persoas coidadoras, así como actividades relacionadas coa muller e a violencia de xénero.

Campaña da Xunta de Galicia polo 8M “O noso Canto”, no que máis de 30 artistas galegas consolidadas e emerxentes únense para simbolizar toda a forza interxeracional do feminismo.Un proxecto que xorde da unión de dúas cancións. Distintas estilos, distintos xeracións, cada unha coa súa personalidade.

Descarga a declaración Institucional con motivo do 8M da FEGAMP