O Concello de As Somozas presenta a programación cultural para os meses de setembro e outubro.

Así, o pasado 12 de setembro o Centro Cívico Sociocultural acolleu o obradoiro creativo “Debullas letras” de Alba Farto, onde a  rapazada asistente puido aprender a debuxar letras, enfocándose na práctica e o desenvolvemento de técnicas creativas con ferramentas como rotuladores, pinceis e lapis.

As seguintes actividades programadas son:

19 de setembro. Actuación da rondalla de Cedeira. 20:00 h no Centro Cívico Sociocultural de As Somozas. Actuación para todos os públicos.

23 de setembro. Narración oral con obxectos e monicreques: ‘A maleta da mestra’, Raquel Queizás. Público: familiar a partir de 3 anos. En horario de 12:00-12:45 h. na Axencia de lectura das Somozas, Centro cívico sociocultural, dentro do programa Rimas e letras.

3 de outubro. Narración oral, contos e cancións de tradición oral para crianzas: ‘Un saco de contos’, de Maria da Pontragha. Público: familiar a partir de 6 anos. En horario de 20:00-20:50 h. na Axencia de lectura das Somozas, Centro cívico sociocultural, dentro do programa Rimas e letras.

17 de outubro. O Mago Antón presenta: 50 (1975-2025). No magomobil e percorrendo os concellos de Galicia o mago Antón celebra 50 anos de maxia. 50 anos explorando os límites do imposible. 50 anos nos escenarios cun espectáculo que reúne os seus mellores números e novas ilusións nunca vistas. “50” significa mellora, crecemento, liberdade e felicidade. É a culminación de algo e o comezo dunha nova etapa. A partir das 17:00 horas na praza do Concello.

24 de outubro. Narración oral: ‘Tralará, contos, obxectos e música’ de Marta Ortiz. Público: familiar 0-10 anos. En horario de 12:00-12:45 h. na Axencia de lectura das Somozas, Centro cívico sociocultural, dentro do programa Rimas e letras. Contos de antes e de agora, cun pé para adiante e outro para atrás, bailando entre a tradición e a actualidade. Tralará ten o ritmo no corpo, cos cantos e refráns, retrousos e rimas, xogos de palabras e contos versados. O ritmo que emana do propio contar, de lingua.