A Axencia de Lectura das Somozas contará cun novo obradoiro de lettering “Debuxar letras”, unha actividade destinada a público de 7 a 18 anos.
A rapazada asistente poderá aprender a debuxar letras, enfocándose na práctica e o desenvolvemento de técnicas creativas con ferramentas como rotuladores, pinceis e lapis.
Este obradoiro terá lugar o vindeiro 12 de setembro, en horario de 18:00 a 20:00 horas, na Axencia de Lectura Municipal das Somozas (Centro Cívico Sociocultural das Somozas).
INSCRICIÓNS
As prazas son gratuítas e limitadas e será necesiario inscribirse na propia Axencia de Lectura Municipal das Somozas, en horario de 11.00-14.00 h.
Máis info no 881 04 84 66, enviar un correo a [email protected]
Actividade dentro do programa de dinamización Ler conta moito.