O Museo Etnográfico do Seixidal das Somozas abre en xornada de portas abertas todos os xoves, en horario de 16:00 a 19:00 horas.

Unha actividade perfecta para coñecer como era a realidade da vida do rural de antano na nosa contorna, e afondar en como se realizaban as labores do campo.

Faranse tamén, como forma de achegar estes coñecenmentos a máis xente e sobre todo aos máis pequenos, visitas guiadas concertadas para os colexios e asociacións que o soliciten.