O Concello das Somozas organiza un viaxe cultural a Portugal para o vindeiro 11 de novembro.

Con saída ás 7:30 desde o Centro Cívico das Somozas dirección a Portugal.

O percorrido, en autocar, terá paradas durante o traxecto e a primeira visita será en Vilanova de Cerveira onde se celebra unha das feiras máis importantes da zona todos os sábados.

O almorzo será nun restaurante da zona e pola tarde a visita continúa en Valença do Minho que, sen dúbida, é unha das poboacións máis visitadas do norte de Portugal e na que destaca a súa fortaleza, lugar de múltilpes tendas onde se poden realizar compras.

Tras a visita de Valença iniciarase o regreso a As Somozas.

As persoas interesadas deberán apuntarse antes do día 7 de novembro e a viaxe terá un custo de 25 euros. Inscricións e máis info no teléfono 881 048 466