A Asociación de veciños A Cañota organiza, en colaboración co Concello das Somozas, unha viaxe a León para os días sábado, 28 de setembro, e domingo, 29 de setembro.
Unha saída na que tamén realizarase unha visita a Oviedo, a cova de Valporquero con guía, visita a León con guía, Castrillo de Polvazares e outros lugares de interese.
A excursión ten un prezo de 140€ para socios e socias e 150€ para os non socios e o pagamento realizarase no momento da inscrición. Inclúe autobús, aloxamento, guías, seguro e comidas (agás a cea do sábado).
Inscricións abertas ata o domingo, 22 de setembro, chamando aos seguinte teléfonos:
- Bea: 669 386 565.
- Alfredo: 677 542 350.
- Belén: 627 93 36 17.
Organizan Asociación de veciños ‘A Cañota’ e Aduriña Viaxes e colabora o Concello das Somozas.