O Centro Cívico das Somozas acolle o vindeiro venres, 13 de decembro,  a actuación de Triguiñuelas | El pañuelo de la abuela, a partir das 20:00 horas.

Unha actuación musical para público familiar.

Nun día de festa dun pobo segoviano, Melisa, Lola e Diana métense nunha lea. Para solucionalo, han de lavar o pano da avoa, e ao facelo, este pérdese río abaixo. Na súa procura, atoparanse con diferentes mulleres do pobo, que sen cesar nos seus oficios e sen parar de cantar, axudaranlles. Serán capaces de atopar o pano da avoa e volver á festa?

Actividade do programa Dinamiz-ARTj, que conta co apoio do Instituto para la Transición Justa (ITJ) e a Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN).