O Concello das Somozas pon en funcionamento o Servizo de Transporte Adaptado que ten como principais obxectivos:

  • Facilitar que a veciñanza, sobre todo persoas maiores e/ou con discapacidades ou dependentes poidan acceder de xeito doado aos servizos sanitarios, administrativos, sociais, etc.
  • Téntase tamén evitar a exclusión daquelas persoas que permanecen en soidade moito tempo.
  • Fomentar que toda a veciñanza participe de actos culturais, de entretemento que na actualidade se ofertan a diario dende o Concello no Centro Cívico.

PERSOAS DESTINATARIAS:

Persoas empadroadas e con residencia efectiva no Concello das Somozas.

Considéranse colectivos prioritarios os seguintes:

  • Persoas maiores que non dispoñan de vehículo propio ou teñan dificultades para usalo.
  • Persoas con dificultade de mobilidade, teñan ou non recoñecido grao de discapacidade ou dependencia.
  • Persoas que vivan en zonas illadas, que vivan soas ou con outras persoas que  teñan dificultades de mobilidade, e non teñan rede de apoio para levar a cabo os desprazamentos.
  • Persoas usuarias da Casa do Maior.

HORARIOS PROVISIONAIS:

Martes e xoves facilitarase o transporte de 8:00 a 9:00 da mañá para as persoas que acudan ao Centro Médico a facer analíticas.

O resto de días poderán solicitar o transporte persoas que acudan a citas médicas, con enfermería, ou para facer xestións administrativas. Tamén para acudir a obradoiros ou outro tipo de actividades no Centro Cívico.

En función da demanda recibida valorarase establecer liñas regulares por lugares ou parroquias.

As persoas interesadas en utilizar este transporte deberán chamar con 48 horas de antelación ao seguinte teléfono:  881.042.066

Deberán facilitar nome e apelidos, teléfono de contacto, lugar de recollida e destino, e hora aproximada.