A Asociación deportiva e cultural O Santiaguiño organiza, en colaboración co Concello das Somozas, a Tarde de Reis no Centro Cívico “A Garita”.

Terá lugar este domingo, 5 de xaneiro, a partir das 17:00 h, cando as SSMM Os Reis Magos farán o seu percorrido habitual dirixíndose ata o Centro Cívico “A Garita” e desde alí atenderán as peticións dos máis peques da casa. Ademais, alí haberá chocolate e roscón para todas as persoas asistentes.

No caso de choiva, as súas maxestades irán directamente ao local.