A Escola Galega de Saúde para cidadáns vai impartir un Obradoiro no Concello das Somozas: Coidando ao Coidador, dirixido a cidadáns maiores de 50 anos, coidadores de persoas dependentes e, en xeral, a persoas interesadas na adquisición de coñecementos sobre o tema.

Este obradoiro ten como obxectivo formar aos coidadores e familiares en habilidades que lles axuden a mellorar a calidade dos coidados que proporcionan, así como o uso de axudas técnicas que lle faciliten a súa labor, como previr o síndrome do coidador e codependencia nos familiares e coidadores.

A actividade levarase a cabo o vindeiro luns, 6 de maio, no Centro Cívico Sociocultural Das Somozas, ás 16:00 horas. Para levarse a cabo ten que haber a lo menos 10 inscritos antes do 29 de abril.

As persoas interesadas en particpar poderán inscribirse chamando ao 881 042 066 ou de forma online na seguinte ligazón.