O Concello das Somozas investirá máis de 123.000 euros no proxecto de reforzo e mellora da principal rede viaria do polígono empresarial e industrial, no que se actuará nunha superficie total de 9.625 m2.
Este proxecto, no que a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia financia o 80%, ten o obxectivo de optimizar e renovar o principal viario do polígono industrial do municipio. Pola súa banda, o Concelo das Somozas aporta o 20% de investimento da obra.
Nesta actuación preténdese optimizar a conservación da infraestrutura viaria do municipio. Así, realizarase melloras na capa de rodaxe, previa reparación das zonas que presenten deformación ou imperfectos. Para completar a obra levaranse a cabo a limpeza de ambas marxes da vía, sinalización horizontal con pintando en liñas en bordes e eixo.
Tras o anuncio, o alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembrás destacou que “esta actuación ten o firme compromiso de contribuír a xerar cohesión social e territorial e a aumentar a competitividade dos sectores produtivos da vila”, ademais remata indicando que “esta obra continúa coa aposta en firme que este goberno local está a levar a cabo para facer do polígono industrial das Somozas un referente na comarca na creación e dinamización de emprego”.