• LUNS 18 DE SETEMBRO

10:00 A 14:00 ABERTO CON SERVIZO DE BIBLIOTECA

 

17:00 A 18:30 TARDES DE BINGO E PARTIDAS DE CARTAS

Ven a pasar unha tarde divertida con toda a veciñanza.

Para todos os públicos.

Non precisa inscrición.

 

  • MARTES 19 DE SETEMBRO

10:00 A 14:00 ABERTO CON SERVIZO DE BIBLIOTECA

 

17:00 A 18:30 BONECO DECORATIVO CON PLÁSTICO RECICLADO 

Crea un boneco cunha simple botella de plástico.

Dirixido a nenos e nenas de 7 a 12 anos.

Precisa inscrición. Poderá realizala no centro cívico ou no 881 04 84 66

 

  • MÉRCORES 20 DE SETEMBRO

10:00 A 14:00 ABERTO CON SERVIZO DE BIBLIOTECA

 

17:00 A 18:30 TEMPO DE LECER: COMPARTINDO AS TÚAS LABORES

Un punto de encontro onde compartir o que sabes e aprender cousas novas sobre calceta, ganchillo, bordado a man…

Para todos os públicos.

Non precisa inscrición.

 

  • XOVES 21 DE SETEMBRO

10:00 A 14:00 ABERTO CON SERVIZO DE BIBLIOTECA

 

17:00 A 18:30 TALLER DE PINTURA : A TÚA MANDALA PREFERIDA

Esperta os teus sentidos mediante o arte das mandalas.

Dirixido a adultos.

Non precisa inscrición

 

  • VENRES 22 DE SETEMBRO

10:00 A 14:00 ABERTO CON SERVIZO DE BIBLIOTECA

 

10:00 A 14:00 INICIACIÓN Á INFORMÁTICA

Aprende a traballar no ordenador , facer trámites, etc.

Dirixido a adultos.

Precisa inscrición. Poderá realizala no centro ou no 881 04 84 66. Nº Prazas: 12.

 

17:00 A 18:30 TALLER: ARRANXO DE FLORES DE PAPEL KRAFT 

Decora o teu fogar cun precioso arranxo de flores que non se marchita.

Dirixido a adultos.

Precisa inscrición. Poderá realizala no centro cívico ou no 881 04 84 66.

 

20:30 EVENTO DINAMIZART: DINAMIA TEATRO ‘LA TABERNA DE SUSA’

Comedia que busca levar un pequeno fragmento do mundo medieval aos pobos e cidades. As risas están aseguradas

 

  • SÁBADO 23 DE SETEMBRO

PECHADO POR EVENTO DEPORTIVO (SLALOM)

 

Ademais destas citas, a veciñanza poderá desfrutar dos servizos de biblioteca e prensa, así como das salas de lectura, xogos e televisión.