• LUNS 14 DE AGOSTO

10:00 A 14:00 ABERTO CON SERVIZO DE BIBLIOTECA

 

17:00 A 18:30 TARDES DE BINGO E PARTIDAS DE CARTAS

Ven a pasar unha tarde divertida con toda a veciñanza.

Para todos os públicos.

Non precisa inscrición.

 

  • MARTES 15 DE AGOSTO

 

PECHADO

Día da Asunción.

 

  • MÉRCORES 16 DE AGOSTO

10:00 A 14:00 ABERTO CON SERVIZO DE BIBLIOTECA

 

17:00 A 18:30 TEMPO DE LECER: COMPARTINDO AS TÚAS LABORES

Un punto de encontro onde compartir o que sabes e aprender cousas novas sobre calceta, ganchillo, bordado a man…

Para todos os públicos.

Non precisa inscrición.

 

  • XOVES 17 DE AGOSTO

10:00 A 14:00 ABERTO CON SERVIZO DE BIBLIOTECA

 

17:00 A 18:30 TALLER DE PINTURA : A TÚA MANDALA PREFERIDA

Esperta os teus sentidos mediante o arte das mandalas.

Dirixido a adultos.

Precisa inscrición. Poderá realizala no centro cívico ou no 881 04 84 66. Nº Prazas: 15. Data límite de inscrición 16 de Agosto.

 

  • VENRES 18 DE AGOSTO

10:00 A 14:00 ABERTO CON SERVIZO DE BIBLIOTECA

 

17:00 A 18:30 TALLER: ARRANXO DE FLORES DE PAPEL KRAFT

Decora o teu fogar cun precioso arranxo de flores que non se marchita.

Dirixido a adultos.

Precisa inscrición. Poderá realizala no centro cívico ou no 881 04 84 66. Nº Prazas: 10. Data límite de inscrición 18 Agosto.

 

20:00  EVENTO DINAMIZART: SILBADA | FOLIADAS E CANTOS DE TABERNA

Interpretación de pezas tradicionais, obras instrumentais ou ben cantadas, con acompañamento de gaitas, percusión tradicional, violín e violoncelo.

Dirixido a todos os públicos.

 

  • SÁBADO 19 DE AGOSTO

10:00 A 14:00 ACTIVIDADE LÚDICA ABERTA

Ven e desfruta en familia das actividades dos sábados.

Dirixido a todos os públicos.

Non precisa inscrición.

 

Ademais destas citas, a veciñanza poderá desfrutar dos servizos de biblioteca e prensa, así como das salas de lectura, xogos e televisión.