window.dataLayer = window.dataLayer || []; function gtag(){dataLayer.push(arguments);} gtag('js', new Date()); gtag('config', 'G-QV6066SZ4R');

PROGRAMACIÓN DO CENTRO CÍVICO DO 11 AO 16 DE MARZO

  • LUNS 11 DE MARZO

10:00 A 13:00/15:00 A 20:00 ABERTO CON SERVIZO DE BIBLIOTECA

11:30 – 13:00 TALLER DE ESTIRAMENTOS

Dirixido a adultos.

17:00 – 18:30 TARDES DE BINGO E PARTIDA DE CARTAS

Ven a pasar unha tarde divertida con toda a veciñanza.

Para todos os públicos.

 

  • MARTES 12 DE MARZO

10:00 A 13:00/15:00 A 20:00 ABERTO CON SERVIZO DE BIBLIOTECA

17:00 – 18:30 TALLER INFANTIL: MANUALIDADES DÍA DO PAI

Dirixido a idades de 5 a 12 anos.

17:00 – 18:00 COÑECE A AXENCIA, ENTRA NA REDE

Queres saber como funciona a rede da Axencia de Lectura das Somozas? Trátase dunha actividade para que descubras como se organiza a colección das bibliotecas e podas atopar facilmente o que buscas, tanto físicamente na Axencia de Lectura como virtualmente no Catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Dirixido a idades de 12 a 101 anos.

18.30 – 19:30 COÑECE A AXENCIA, ENTRA NA REDE

Queres saber como funciona a rede da Axencia de Lectura das Somozas? Trátase dunha actividade para que descubras como se organiza a colección das bibliotecas e podas atopar facilmente o que buscas, tanto físicamente na Axencia de Lectura como virtualmente no Catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Dirixido a idades de 5 a 12 anos.

 

  • MÉRCORES 13 DE MARZO

10:00 A 13:00/15:00 A 20:00 ABERTO CON SERVIZO DE BIBLIOTECA

11:30 A 13:00 TALLER DE ESTIRAMENTOS

Dirixido a adultos.

17:00 A 18:30 TEMPO DE LECER: COMPARTINDO AS TÚAS LABORES

Un punto de encontro onde compartir o que sabes e aprender cousas novas sobre calceta, ganchillo, bordado a man…

Para todos os públicos.

Non precisa inscrición.

 

  • XOVES 14 DE MARZO

10:00 A 13:00/15:00 A 20:00 ABERTO CON SERVIZO DE BIBLIOTECA

17:00 A 18:30 TALLER DE PINTURA: A TÚA MANDALA PREFERIDA 

Esperta os teus sentidos mediante o arte das mandalas.

Dirixido a adultos. Non precisa inscrición.

18:30 – 20:00 INGLÉS CONVERSACIÓN BÁSICO

Dirixido a rapaces a partir de 12 anos e a persoas adultas.

Para todos os públicos. Nº de prazas: 10.

 

  • VENRES 15 DE MARZO

10:00 A 13:00/15:00 A 20:00 ABERTO CON SERVIZO DE BIBLIOTECA

11:30 – 13:00 INICIACIÓN Á INFORMÁTICA

Aprende a traballar no ordenador, facer trámites, etc…

Dirixido a adultos. Nº de prazas: 12.

17:00 – 18:30 TEMPO DE LECER: COMPARTIR AS TÚAS LABORES

Un punto de encontro onde compartir o que sabes e aprender cousas novas sobre calceta, ganchelo, bordado a man…

Precisa inscrición. Poderá realizala no centro cívico ou no 881 04 84 66.

 

  • SÁBADO 16 DE MARZO

10:00 A 14:00 ACTIVIDADE LÚDICA ABERTA

Ven e desfruta en familia das actividades dos sábados.

Para todos os públicos.

12:00 A 13:00 CLASES DE BAILES LATINOS

Dirixido a maiores de 16 anos.

Ademais destas citas, a veciñanza poderá desfrutar de luns a sábado dos servizos de biblioteca e prensa, así como das salas de lectura, xogos e televisión.

2024-03-07T18:49:47+01:00Noticias|

Comparte esta información en tu red favorita!

Ir a Arriba