Unha semana máis, a programación do Centro Cívico das Somozas vén cargada de actividades para todas as idades. Botádelle unha ollada!
Luns, 17 de outubro
11:00 a 12:30 horas – Charla: Técnicas de coidado do Medio Ambiente dende a casa
17:00 a 18:30 horas – Taller: Decoración de Samaín para a nosa porta de entrada
Martes, 18 de outubro
11:00 a 12:30 horas – Charla: Uso de caixeiros automáticos
17:00 a 18:30 horas – Taller: Adornos para samaín con paus de xeado
Mércores, 19 de outubro
11:00 a 12:30 horas – Charla: Alimentación para fortalecer o noso sistema inmunitario
17:00 a 18:30 horas – Tempo de lecer: Compartindo as túas labores
Xoves, 20 de outubro
11:00 a 12:30 horas – Taller: Como organizar a miña viaxe dende o meu móbil
17:00 a 18:30 horas – Taller de pintura: A túa mandala preferida
Venres, 21 de outubro
11:00 a 12:30 horas – Mañás de xogos de mesa
17:00 a 18:30 horas – Taller: Decoración de cabazas
19:00 a 19:30 horas – I Concurso de Cabazas
Sábado, 22 de outubro
11:00 a 13:00 horas – Mañás en familia: Un esqueleto no colexio (Contacontos+obradoiro)
Ademais das actividades, toda a veciñanza poderá gozar dos servizos de biblioteca e prensa, así como das salas de lectura, xogos e televisión.