window.dataLayer = window.dataLayer || []; function gtag(){dataLayer.push(arguments);} gtag('js', new Date()); gtag('config', 'G-QV6066SZ4R');

Programación do Centro Cívico da semana do 6 ao 11 de febreiro

LUNS, 6 DE FEBREIRO

11:00 A 12:30 INICIACIÓN Á INFORMÁTICA

Aprende a traballar no ordenador, buscar en Internet, facer documentos…

Dirixido a adultos.

Nº Prazas: 10. Previa inscrición presencial no Centro Cívico. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

A actividade realizarase de febreiro a marzo.

17:00 A 18:30 TARDES DE BINGO E PARTIDAS DE CARTAS

Vén pasar unha tarde divertida con toda a veciñanza.

Para todos os públicos.

Non precisa inscrición.

MARTES, 7 DE FEBREIRO

11:00 A 12:30 TALLER: XADREZ, APRENDE A XOGAR COMO UN PROFESIONAL

Dirixido a todo o público.

Precisa inscrición. Poderá realizala no Centro Cívico ou no 881 04 84 66.

Nº Prazas: 15. Data límite de inscrición: 6 de febreiro.

17:00 A 18:30 TALLER: CREA UN ANTEFACE ORIXINAL E DIVERTIDO PARA ESTE ENTROIDO

Comeza o teu disfrace cun anteface espectacular.

Dirixido a nenos e nenas de 5 a 10 anos.

Precisa inscrición. Poderá realizala no Centro Cívico ou no 881 04 84 66.

Nº Prazas: 10. Data límite de inscrición: 6 de febreiro.

MÉRCORES, 8 DE FEBREIRO

11:00 A 12:30 PINTANDO MANDALAS EN LIÑA

Mellora a túa habilidade motriz coloreando uns fermosos mandalas desde o computador.

Dirixido a todo o público.

Precisa inscrición. Poderá realizala no Centro Cívico ou no 881 04 84 66.

Nº Prazas: 15. Data límite de inscrición: 7 de febreiro.

17:30 A 19:00 TEMPO DE LECER: COMPARTINDO AS TÚAS LABORES

Un punto de encontro no que compartir o que sabes e aprender cousas novas sobre calceta, gancho, bordado a man…

Para todos os públicos.

Non precisa inscrición.

XOVES, 9 DE FEBREIRO

11:00 A 12:30 TALLERES DE ESTIRAMENTOS PARA MELLORAR A MOBILIDADE ARTICULAR

É a nosa responsabilidade coidar do noso corpo.

Dirixido a adultos.

Precisa inscrición. Poderá realizala presencial no Centro Cívico.

Nº Prazas: 15. Data límite de inscrición: 8 de febreiro.

17:00 A 18:30 TALLER DE PINTURA: A TÚA MANDALA PREFERIDA

Esperta os teus sentidos mediante o arte das mandalas.

Dirixido a todo o público.

Precisa inscrición. Poderá realizala no Centro Cívico ou no 881 04 84 66.

Nº Prazas: 15. Data límite de inscrición: 8 de febreiro.

VENRES, 10 DE FEBREIRO

11:00 A 12:30 INICIACIÓN Á INFORMÁTICA

Aprende a traballar no ordenador, buscar en Internet, facer trámites …

Dirixido a adultos.

Nº Prazas: 10. Previa inscrición presencial no Centro Cívico. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

A actividade realizarase de febreiro a marzo.

16:00 A 17:30 BONECA DE TEA ORGANIZADOR DE BOLSAS (2ª PARTE)

Unha bolsa feita de tea con costura creativa que se verá estupenda onde queira que a colgues.

Dirixido a adultos.

Precisa inscrición. Poderá realizala no Centro Cívico ou no 881 04 84 66.

Nº Prazas: 15. Data límite de inscrición: 9 de febreiro.

SÁBADO, 11 DE FEBREIRO

11:00 A 13:00 MAÑÁS EN FAMILIA; A ÁRBORE QUE NON SABÍA QUE ERA

Fábula para o autocoñecemento.

Dirixido familias con nenos e nenas.

Precisa inscrición. Poderá realizala no Centro Cívico ou no 881 04 84 66.

Nº Prazas: 15. Data límite de inscrición: 10 de febreiro.

 

Ademais das actividades, toda a veciñanza poderá gozar dos servizos de biblioteca e prensa, así como das salas de lectura, xogos e televisión.

2023-02-06T13:58:37+01:00Noticias|

Comparte esta información en tu red favorita!

Ir a Arriba