Aberto o prazo de presentación de solicitudes para o Programa de Balnearios da Xunta de Galicia. Estará aberto ata o día 18 de outubro.

As persoas beneficiarias deberán cumprir estes requisitos:

  • Ser maior de 60 anos, ou de 55 e, neste caso, reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
  • Estar empadroada e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Valerse por si mesma para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa.
  • Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  • Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.

Descarga a lista de establecementos balnearios, indicacións terapéuticas, quendas e prezos aquí.

Descarga os impresos de solicitude aquí.

Máis información nos servizos sociais comunitarios do Concello no teléfono 981 404 101 (EXT 2) e aquí