O Concello das Somozas oferta un novo programa de actividades deportivas para esta tempada 2024/2025.
A programación inclúe deportes e clases para todos os gustos e todas as idades.
Unha iniciativa coa que manterse en forma á vez que pasar un intre divertido.
As clases de Ioga e Baile darán comezo a primeira semana de outubro. O resto de actividades xa están activas.
Todas elas terán lugar no complexo multiusos, agás Estiramentos e Ioga que serán no Centro Cívico Sociocultural das Somozas.
As persoas interesadas poderán anotarse no polideportivo Municipal das Somozas. Tamén poderán solicitar máis información no 618 416 994.
