O Museo etnográfico do Seixidal das Somozas acollerá este venres, 8 de maio, ás 19:30 h, a presentación do Plan Director para a súa inclusión no Sistema Galego de Centros Museísticos (SGCM). A empresa Trivium, encargada do proxecto, está a preparar todas as accións necesarias para a proposta, entre elas un inventario detallado e unha catalogación de todas as pezas do museo.

O complexo está formado por varios edificios e na casa principal están expostas ferramentas e obxectos doados pola veciñanza para recrear as labores agrícolas e gandeiras que ao longo dos anos se levaron a cabo nas Somozas, moito antes de que se iniciase a súa industrialización.

Os aparellos, mobles e útiles teñen indicacións sobre o seu uso y tamén o nome da persoa, familia ou entidade responsable da súa doazón.

O obxectivo de este museo etnográfico é didáctico, de modo que mostra como se vivía nas aldeas y con que se levaban a cabo as labores do campo. Tamén se realizan visitas concertadas para os colexios ou asociacións que así o soliciten.