Publicadas as bases da convocatoria da que rexerán a concesión de premios para deportista individuais do Concello de As Somozas na disciplina automobilismo, especialidade rally de asfalto, terra ou montaña, vehículos históricos na anualidade 2025.

As solicitudes poderán presentarse ata o 31 de outubro de 2025, preferiblemente a través da sede electrónica.

Estas subvencións teñen o obxectivo de impulsar a práctica deportiva no ámbito do automobilismo, valorando as dificultades dos e das deportistas e do gran investimento económico que supón a práctica deste deporte e tendo en conta que se trata dunha disciplina deportiva e modalidades de relevante peso social e deportivo neste concello cun amplo seguimento social, do que son proba as distintas competicións de nivel galego que se desenvolven e transcorren polas vías do municipio somocense.

Consulta a orde no BOP para máis información.