As actuacións executadas na obra consisten en:


Camiño de Enxertados a Parque Eólico Xuncos

Descrición: Lonxitude 1.700 m, ancho 3,50 m

Procedeuse á limpeza de gabias ambas marxes e a mellora da capa de rodaxe. Aplicándose un tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma, previa reparación de baches e perfilado de mordentes ó 5% da superficie con pedra 32/63 mm e tratamento asfáltico semiprofundo.


Camiño Do Foxo Á Martinga

Descrición: Lonxitude 400 m, ancho 4,00 m

Procedeuse á limpeza de gabias ambas marxes e a mellora da capa de rodaxe. Aplicouse un tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma, previa reparación de baches e perfilado de mordentes ó 10% da superficie con pedra 32/63 mm e tratamento asfáltico semiprofundo.


Camiño de Chao a Coto

Descrición: Lonxitude 807 m, ancho 3,00 m

Procedeuse á limpeza de gabias ambas marxes e ao seu afirmado con quince centímetros de zahorra de canteira, medida despois de compactada, previa execución de movemento de terras preciso.
Completou a obra a sinalización vertical con colocación dunha sinal de Stop.