O 5 de xaneiro as Súas Maxestades de Oriente chegarás ás Somozas.

Os Reis Magos percorrerán as rúas do municipio desde as 17:30 horas e atenderán os desexos dos máis pequenos no Centro Cívico. En caso de que o tempo non acompañe os Reis irán directamente ao local.

Para adozar esta tarde tan máxica servirase chocolate e roscón de balde!

A actividade está organizada pola Asociación Cultural Deportiva Os Santiaguiños en colaboración co Concello.