O vindeiro 24 de setembro, a Escola Galega de Saúde impartirá no noso Concello un obradoiro de primeiros auxilios dirixido a toda a veciñanza.
Lugar de celebración e datas: Salón de plenos do Concello de As Somozas (lugar da Igrexa s/n- As Somozas- A Coruña)
Data: 24 de Setembro do 2024
Horario: 16.30 – 20.30 horas
As persoas interesadas en realizar o obradoiro poden inscribirse a través desta ligazón ou chamando ao Departamento de Servizos Sociais do Concello: 981404101 Ext 2
Os obxectivos do obradoiro son:
- Adquirir coñecementos básicos sobre o manexo de situacións que requiran
actuación de primeiros auxilios básicos. - Aclarar dúbidas referentes os primeiros auxilios .
Programa:
Atención inicial en situacións de urxencia mais frecuentes:
- Como chamar ao 061?
- Dor torácico.
- Perda de coñecemento: Sincope, coma,…..
- Reanimación Cardiopulmonar Básica: atragoamento, recoñecemento dunha PCR.
Profesorado: María Amparo Gonzalez Blanco ,Medico Base de A Coruña, FPUS 061 Galicia.
Programadora: Begoña García Cepeda
Nota: Esta actividade non se considera formación continua para o persoal do Servizo Galego de Saúde.