Aberto o prazo de inscrición para a nova quenda do Taller de Memoria que terá lugar do 17 de abril ata 0 28 de xuño.

Está dirixido para veciñas e veciños das Somozas que teñan 60 anos ou máis (tamén poden anotarse persoas interesadas que cumpran os 60 no ano en curso).

Ten como obxectivos: Diminuir os esquecementos cotiás, aumentar a capacidade memorística, mellorar o estado de ánimo, fomentar as relacións sociais, mellorar o funcionamento dos procesos cognitivos básicos, etc.

O Taller de Memoria desenvolverase os luns e mércores de 15:30 A 17:30 h no Centro Cívico da Garita

O prazo de inscrición remata o 14 de abril

É preciso inscribirse nos Servizos Sociais Comunitarios do Concello

Teléfono: 981 404 101 de 10:00 a 14:00 h

Descarga o anexo de inscrición aquí.