O Centro cívico A Garita acollerá o vindeiro 16 de novembro, a partir das 18:00 h, a obra teatral ‘O Mundo ao Revés’, da Asociación Cultural e Teatral de Pedroso.
Esta función, organizada pola Asociación de Vecinos de Seixas coa colaboración do Concello das Somozas, será de balde para as persoas socias e terá unha aportación de 2 euros para as persoas non socias.
As persoas interesadas deberán anotarse, antes do 15 de novembro, a través do teléfono 619 87 82 22.
O mundo avanza a un ritmo cada vez máis rápido, o cal, dis que é bo. Pero nesta comedia reflíctese que, ás veces, certos progresos resultan difíciles de entender. Esta obra mostra o asombro e o desacordo ante certas inxustizas que hoxe en día normalizamos. Matilde leva toda a súa vida traballando, malia os seus problemas de saúde, servindo con lealdade ao alcalde e súa dona, aos que admira. Pero de súpeto, entra nas súas vidas, mellor dito, na súa casa, unha persoa que de traballar entende pouco. A súa presenza vai cambialo todo ata o punto que, despois de asistir a esta representación, pensaremos que o mundo está ao revés.