O Centro Cívico Sociocultural das Somozas acolle este 31 de xaneiro a actuación ‘Locuras de un loco bajito’ de Moskis, a partir das 20:00 horas.
Teatro cómico en forma de monólogo onde se contará a vida dun tolo baixiño, desde os seus estudos nun colexio de curas ata o paso pola mili e a súa procura de traballo. Cun número de ventriluoquia e onde a través dela e coa participación do público montarase unha pequena representación do ton de comedia, unha proposta totalmente familiar con toques dramáticos onde se reflexionará sobre a vida e os milagres.
