O Centro Cívico Sociocultural das Somozas acolle este 17 de xaneiro a actuación ‘Cabicivai’ de Pablísimo, a partir das 20:00 horas.

Cabicivai é un espectáculo para público familiar. Unha obra sobre rodas, como unha seda, unha bicicleta, un Kamishibai e tres caixóns dos que pode saír calquera cousa. Pablísimo é unha compañía especializada en narración oral, teatro de animación á lectura e teatro infantil creada polo actor, dramaturgo e contador de historias Pablo Sánchez. Os seus espectáculos, de pequeno e mediano formato, toman sempre como base a literatura infantil a través de contos clásicos, contemporáneos e contos de creación propia.

Actividade do programa Dinamiz-ARTj, que conta co apoio do Instituto para la Transición Justa (ITJ) e a Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN).