O vindeiro sábado, 14 de decembro, a Escola de Seixas acollerá a obra de teatro ‘A Inmortal’, unha función da Asoaciación Cultural e Teatral de Pedroso. Esta actividade está organizada pola Asociación de Veciños Santa María de Seixas, en colaboración con Concello das Somozas.

A obra dará comezo a partir das 18:00 h e será de balde para todas as persoas socias, tendo un prezo de 3 euros para as non socias. As persoas interesadas poderán inscribirse no 619 878 222. As prazas son limitadas, tendo preferencia as persoas socias.

Sinopse:
Despois de varios anos de duras investigacións, unha parella de prestixiosos científicos consegue por fin a ansiada fórmula da inmortalidade cuxa portadora será unha rata. O CNI intentará sabotear tan cobizado descubrimento. Claro que, hai algo co que non contaban, ese algo chámase Francisca e Juana.