A Asociación de Veciños de Santa María de Seixas organiza, en colaboración co Concello das Somozas, o baile de disfraces do Entroido de Seixas.

Durante a xornada haberá xogos, pasarrúas, chocolate quente e música en directo con ‘No Cómbaro’. Ademais, celebrarase un concurso polo mellor traxe de Entroido, pola mellor parella de baile e polo doce típico máis rico.

Será o sábado, 10 de febreiro, a partir das 16:00 horas na escola de Seixas.

Para os socios a entrada é de balde, mentres que para os non socios hai unha aportación de 3 euros.

As persoas interesadas poden inscribirse ata o 8 de febreiro no número 619 87 82 22 (Cris).