O Concello de As Somozas promove a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal para mudar a clasificación urbanística das parcelas calificadas como ‘Solo Rústico de Protección Agropecuaria’ a ‘Solo Rústico de Protección Forestal’.
 
O prazo para presentar as instancias permanecerá aberto do 1 de agosto ao 30 de setembro, os martes e mércores, nas oficinas municipais.
 
As persoas interesadas deberán solicitar cita previa no 981 40 41 01.